A compañía
.png)
Jesús Velasco Otero é un artista multidisciplinar que, tras finalizar a súa formación na escola Circo Carampa en 2015, participa en diversos proxectos de compañías galegas, nacionais e internacionais como malabarista e clown. Artista de gran destreza e creatividade, destaca por facer realidade e trasladar o seu mundo interior a escena. Unha vez finalizada a escola de circo de Carampa funda xunto a dous compañeiros a compañía "Pass & Company" coa que gaña o “Talent Madrid” en 2015 na disciplina de Circo e Artes Alternativas con peza curta e en 2017 a sección Off. do 18 TAC de Valladolid co espectáculo "Juguete Roto 3p0". Paralelamente, o artista colabora con distintas compañías como en Proxecto Sánchez co espectáculo Ippon -estreado no Teatro Circo Price en 2017-, con Gandini Juggling entre os anos 2016 e 2018 chegando a actuar no Gran Circo Estatal de Moscova, con Ale Hop no espectáculo "Imagina Circo" en 2017 e como suplente na "Orquestra de Malabares" de Pistacatro. En 2018 pasa a formar parte da compañía Chipolatas co espectáculo "Caballero na a estrada" e tamén crea a compañía Xampatito Pato e o multipremiado espectáculo “SÓ”. - segundo premio Panorama Circada 2019, premio Carabolas de Bronchales, premio Festival Ao Fresquito, premio Festival MADnCIRCUS, premio Festival de Circo e Clown de Úbeda, premio Zirkozaurre, premio Festival Acambalachous, premio Festival Utebo Respira Circo e premio do público Festival Malabharía 2020, premio Festival MUECA 2023. Ó longo destes anos o artista representou os seus espectáculos en diferentes partes do mundo como China, Rusia, Croacia, Suíza, Francia, Italia, Portugal e todo o territorio nacional.


